Un viveiro de peixes é un lago artificial construído para a cría de peixes. En tempos medievais era bastante común nos mosteiros e castelos de Europa para o abastecemento de peixes, este é o caso da lagoa do Mosteiro de Sobrado dos Monxes no concello homónimo.
Os viveiros de peixe seguen a ser común no Canadá; Europa, especialmente na República Checa; nas illas Filipinas; no leste de Asia, especialmente no Xapón.
Este tipo de viveiros estanse promovendo nos países en vías de desenvolvemento. Ademais de constituír unha fonte de ingresos para os granxeiros, axuda a irrigar os campos e achega a auga necesaria para vivir.[1]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search